Enrique Gómez "Kike" Hermoso, nado en Madrid o 10 de agosto de 1999, é un futbolista español que xoga como defensa central no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Alcobendas, debutando co primeiro equipo na Terceira División durante a campaña 2016/17, disputando 24 partidos. No verán de 2017 ingresou no equipo xuvenil do Rayo Vallecano e o 2 de setembro do mesmo ano debutou co Rayo B, nunha vitoria por 2-0 sobre o RSD Alcalá.

En xullo de 2019 fichou polo SD Huesca, sendo destinado ao filial do club, a SD Ejea, da Segunda División B. O 18 de agosto de 2019 debutou co primeiro equipo do Huesca na Segunda División, nunha vitoria por 0-1 sobre a UD Las Palmas no Estadio Insular.

O 1 de outubro de 2020 fichou polo Betis Deportivo, de Segunda B. Case un ano despois, debutou co primeiro equipo do Betis na Primeira División, na vitoria por 1-3 diante de Osasuna, marcando o primeiro gol do partido.

No verán de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Vilafranquense, da Segunda Liga de Portugal. Regresou a España en agosto de 2023, converténdose en novo xogador do Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda