miniatura|Nosa Señora dos Milagres, de Baños de Molgas. No catolicismo, unha advocación mariana é cada un dos nomes con que se referir á Virxe María, segundo os seus misterios, as súas aparicións, os seus dons, os seus atributos ou as circunstancias históricas e xeográficas. A Igrexa católica admite numerosas advocacións, ás que se rende culto de diversas maneiras.
Tipos de advocacións Pódense agrupar a maioría das advocacións marianas en diversas categorías:
Relativas aos misterios ou pasaxes da vida da Virxe, como a Inmaculada Concepción, a Anunciación, a Asunción, a Presentación etc. Relativas a verdades teolóxicas abstractas, como a Esperanza, a Caridade, a Consolación etc. Relativas aos estados físicos ou psicolóxicos da Virxe, como as Dores, a Soidade etc. Relativas á súa condición de mediadora e protectora da humanidade, como Auxiliadora, as Mercedes, os Remedios etc. Relativas a froitos, flores, aves... utilizados como símbolos das súas calidades, como o Piñeiro, a Granada, a Pomba etc. miniatura|Coroación de Nosa Señora de Fátima, o 13 de maio de 1946.Relativas a accidentes xeográficos, xeralmente coincidentes coas paraxes onde se atopan os seus santuarios, como Carme, o Mar, Fátima, Lurdes, Cela etc.
As advocacións marianas adóitanse nomear coas fórmulas “Santa María de”, “Virxe de” ou “Nosa Señora de”. Mais tamén, as advocacións adoitan dar lugar en moitos casos a nomes propios femininos, compostos do nome María e mais da súa advocación: María do Carme, María das Dores, María de Lourdes etc.
Aínda que o nome sexa diferente en canto ao atributo relativo á Virxe María sempre se refire unicamente a ela, así se faga mención de varios nomes nun mesmo momento, a instancia é a mesma, a Virxe María.
Celebración A Igrexa católica conmemora as distintas advocacións da Virxe convertidas nunha tradición e que se incluíron ao longo do ano litúrxico, algunhas incluídas no calendario romano xeral e a maioría nos calendarios propios das igrexas locais ou as ordes relixiosas.
Moitas advocacións locais celébranse coincidindo coa Inmaculada Concepción, a Natividade, a Asunción ou durante o mes de maio, que a Igrexa dedica tradicionalmente á Virxe.
Notas