Narges Mohammadi (persa: نرگس نرگس), nada en Zanjan o 21 de abril de 1972, é unha física e enxeñeira, activista dos dereitos humanos iraniana galardoada co Premio Nobel da Paz en 2023. É vicepresidenta do Centro de Defensores dos Dereitos Humanos, dirixido pola tamén premio Nobel Shirin Ebadi.
En 2023, mentres cumpría unha sentenza de 10 anos en Teheran, recibiu o Premio Nobel da Paz "pola loita contra a opresión das mulleres en Irán e a súa loita por promover os dereitos humanos e a liberdade para todos".
Notas
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Científicos de Irán Categoría:Premios Nobel de Irán