Xosé Manuel Soutullo España, nado en Vigo o 4 de febreiro de 1956, é un editor galego, director da Fundación Penzol dende 2021.

Traxectoria Vinculado coa Editorial Galaxia durante máis de corenta anos, coordinou equipos de correctores, lingüistas, maquetación, probas e deseño. Tamén traballou en Mar Maior (Galaxia, en castelán e portugués brasileiro) e Merlín Comunicación (outros produtos de Galaxia).

Coordinou exposicións como a de Fermín Penzol, Unha obra para un país, de 2013; Francisco Fernández del Riego, Cos ollos do seu espírito, de 2013 ou 60 obras para 60 anos polo aniversario da Fundación Penzol en 2023. Desde 1989 foi secretario de dirección do Consello de Redacción de Grial, Revista Galega de Cultura, ata 2019. Tamén formou parte do seu Consello Asesor, e desde o 17 de xuño de 2022 tamén do Consello de Administración. En 2023 tamén era director da Fundación Penzol e conselleiro de Galaxia.

En outubro de 2023 o Consello de Administración da Editorial Galaxia nomeouno Director Xeral da editora, substituíndo no cargo a Francisco Castro, posición que ocuparía ata o ano 2026.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo-entrevista en 2022, Atlántico.

Entrevista en 2023, TeleVigo

“O papel vai seguir sendo fundamental na transmisión cultural”. Faro de Vigo

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Editores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Editorial Galaxia