Antonio Gabarre Ballarín, coñecido como Toni Gabarre, nado en Huesca o 26 de maio de 1990, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Destacou no AD Almudévar, equipo que era filial do Huesca, e co conxunto de Almudévar foi o máximo goleador da Terceira División na tempada 2013/14, anotando 31 goles en 40 partidos. Os seus rexistros valéronlle a súa fichaxe en 2014 polo Deportivo Aragón, filial do Real Zaragoza, equipo co que xogou na Segunda División B, marcando 2 goles en 16 partidos. No mercado invernal puxo rumbo ao Alcoyano, onde militou na segunda metade da tempada 2014/15.
Tralo seu breve paso polo club de Alcoi, chegou libre en 2015 ao CD Ebro. No conxunto aragonés xogou 71 partidos durante dúas tempadas e acumulou 18 goles, contribuíndo a que o equipo lograse a permanencia na Segunda B.
Na campaña 2017/18 xogou na UE Llagostera, onde foi titular indiscutible, disputando 38 partidos e conseguindo 6 goles, aínda que foi insuficiente para salvar o equipo do descenso. A continuación fichou polo Tudelano, club que conseguiu a permanencia en boa parte grazas aos seus 15 goles. Repetiu cifra goleadora na tempada seguinte, desta vez vestindo a camiseta do Atlético Baleares, e proclamouse campión do Grupo I de Segunda B, pero sen poder conseguir o ascenso. Foi o segundo máximo anotador do seu grupo, só por detrás de Rufo, do Internacional de Madrid.
En setembro de 2020 asinou polo Numancia, co que disputou a súa sétima tempada consecutiva na Segunda División B. Xogou 25 partidos, nos que marcou 3 goles. Tras ese ano en Soria, o 1 de agosto de 2021 asinou polo Sabadell para competir na nova Primeira División RFEF. En xaneiro de 2022, despois de só dúas titularidades, rescindiu o seu contrato co conxunto arlequinado e días despois confirmouse a súa volta ao Alcoyano. Na súa segunda etapa no club, volveu aos onces iniciais e marcou dous goles. Na tempada 2022/23 xogou no Calahorra e no San Fernando, antes de fichar no verán de 2023 polo Teruel.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Huesca Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do UE Llagostera Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores do San Fernando CD Categoría:Xogadores do CD Teruel