Andrés Martínez Morás, nado na Coruña o 13 de xuño de 1879 e finado na mesma cidade o 28 de decembro de 1939, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Andrés Martínez Salazar, emigrou á Arxentina en 1893. Traballou inicialmente en Zárate, provincia de Buenos Aires, na tenda de xéneros dun seu tío. Retornou en 1918.
Empregou o pseudónimo de Rómulo Galíndez.
Obra bibliográfica Íntimas: fragmento de una autobiografía e impresiones de un viaje (1903, Buenos Aires) Rasgos, colección de artículos (1904). Con prólogo de Julio Dávila. Ráfagas, artigos (1905, Buenos Aires) Siluetas: primera serie (1907, Buenos Aires) Semblanzas raciales. Primera parte (1930, Madrid, Espasa-Calpe). Con prólogo de Alejandro Rodríguez Cadarso.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Diáspora galega
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1879 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1939 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña