Un axente desacoplante, desacoplante ou desacoplador é unha molécula que altera a fosforilación oxidativa en procariotas e mitocondrias ou a fotofosforilación nos cloroplastos e cianobacterias disociando as reaccións da síntese de ATP na cadea de transporte electrónico. O resultado é que a célula ou a mitocondria gasta enerxía para xerar unha forza protón-motriz, pero esta forza disípase antes de que a ATP sintase poida recapturar esta enerxía e usala para producir ATP. Os desacoplantes teñen a capacidade de transportar protóns a través das membranas das mitocondrias e de membranas lipídicas en xeral.

Outros desacoplantes naturais fisiolóxicos diferentes son as proteínas desacoplantes, como a termoxenina.

Descrición Os desacoplantes clásicos teñen cinco propiedades:

a liberación completa do control respiratorio a substitución de todos os procesos acoplados (síntese de ATP, transhidroxenación, fluxo electrónico inverso, transporte activo de catións, etc.) por un transporte de protóns cíclico mediado polo axente desacoplante a eliminación de todos os gradientes protónicos e catiónicos xerados a través da membrana mitocondrial ou procariota ningunha discriminación nestas accións entre un sitio de acoplamento e outro ningunha discriminación entre procesos acoplados impulsados pola transferencia de electróns e procesos acoplados impuolsados pola hidrólise de ATP.

Os pseudodesacoplantes presentan algunha ou varias destas propiedades, pero non todas e por iso deben combinarse con outros pseudodesacoplantes para conseguir o desacoplamento.

Desacoplantes clásicos Os seguintes compostos coñécense como desacoplantes clásicos: 2,4-dinitrofenol (DNP) 2,5-dinitrofenol 1799 (α,α′-bis(hexafluoracetonil)acetona) BAM15, N5,N6-bis(2-fluorofenil)-[1,2,5]oxadiazolo[3,4-b]pirazina-5,6-diamina 2-tert-butil-4,6-dinitrofenol (Dinoterb) 6-sec-butil-2,4-dinitrofenol (Dinoseb) C4R1 (un alquilo de cadea curta derivado da rodamina 19) Carbonil cianuro fenilhidrazona (CCP) Carbonil cianuro m-clorofenil hidrazona (CCCP) Carbonil cianuro-p-trifluorometoxifenil hidrazona (FCCP) CDE (4β-cinnamoiloxi,1β,3α-dihidroxieudesm-7,8-eno) (producido pola planta Verbesina) CZ5 Desaspidina Dicoumarol Dinitro-orto-cresol (DNOC) Elipticina Endosidina 9 (ES9) Ácido flufenámico Niclosamida etanolamina (NEN) Ppc-1 (un metabolito secundario producido por Polysphondylium pseudocandidum) Pentaclorofenol (PCP) (Non confundilo coa droga recreativa fenciclidina) Perfluorotrietilcarbinol S-13 (5-cloro-3-t-butil-2′-cloro-4′-nitrosalicilanilida) SF 6847 (3,5-di-t-butil-4-hidroxibencilidinamalononitrilo) TTFB (4,5,6,7-tetracloro-2-trifluorometilbencimidazol) Tyrphostin A9 (SF-6847) (AG17) (+)-Ácido úsnico XCT-790 MitoFluo (10-[2-(3-hidroxi-6-oxo-xanten-9-il)benzoil]oxidecil-trifenil-fosfonio bromuro) Triclosán (Tricloro-2'-hidroxidifenil éter) Pirrolomicina C (producida por bacterias do xénero Streptomyces) Ácido salicílico (se se toma nun exceso extremo).

Pseudodesacoplantes Os seguintes compostos coñécense como pseudodesacoplantes ou pseudodesacopladores: Azida Biguanidas Bupivacaína Calcimicina (A23187) Dodeciltrifenilfosfonio (C12TPP) Lasalocid (X537A) Ácidos graos de cadea longa, como o ácido linoleico MitoQ10 Nixericina Ácido pícrico (2,4,6-trinitrofenol) Tetrafenilborato de sodio SR4 (1,3-bis(diclorofenil)urea 13) Cloruro de tetrafenilfosfonio Valinomicina Arsenato

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proteína desacoplante Toxicidade mitocondrial

Ligazóns externas

Categoría:Desacoplantes Categoría:Toxinas respiratorias