A avenida da Gran Vía é unha avenida situada na cidade de Vigo, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.
Situación Está delimitada pola praza de América, nas Travesas, e pola rúa de Urzaiz. É, pois, unha das arterias da cidade de Vigo.
Historia Comezouse a planificar en 1910 pola corporación municipal, da man de Ramiro Pascual, quen presentou un proxecto de ensanche, que acabou por non se levar a cabo. Durante esta etapa era coñecida como avenida de Blasco Ibáñez. En 1936 soamente tiña uns dez edificios. Dende ese ano chamouse Gran Vía del Generalísimo. Entre 1939 e 1942 levouse a cabo o proxecto de Manuel Cominges, promovido polo alcalde Luis Suárez-Llanos, que consistía na súa prolongación ata a Praza de España, no lugar coñecido como O Couto. A expropiación de terreos demorou o proceso. A segunda parte, dende a praza de España ata a praza de América, pasando polo lugar de Pousafoles, concluíuse en 1945. A idea era continuar ata Samil, pero nas Travesas estaban as cocheiras dos tranvías. A finalización do proxecto, pasando por Coia, chegaría a finais da década de 1960. Este tramo foi chamado avenida de Castelao e avenida de Europa. O 30 de abril de 1981, sendo alcalde Manoel Soto, pasou a denominarse Avenida da Gran Vía.
Notas
Categoría:Rúas de Vigo