miniatura|256px|Representación de SBIRS GEO-3 en órbita.
SBIRS-GEO, acrónimo de Space Based Infra Red Sensor - Geostationary, é un programa militar dos Estados Unidos. É a compoñente xeoestacionario do programa SBIRS-High.
Características SBIRS-GEO, xunto co resto de compoñentes de SBIRS-High, sustitúen ao Defense Support Program de alerta temperá de lanzamento de mísiles balísticos intercontinentais. Os satélites SBIRS proporcionan maior flexibilidade e sensibilidade que os DSP e poden detectar sinais de onda curta e no infravermello medio, mellorando a precisión e podendo detectar maior cantidade de lanzamentos.
O programa comezou en 1996, decidíndose combinar satélites en órbita xeoestacionaria (os SBIRS-GEO), satélites en órbita altamente elípticas (SBIRS-HEO) e sensores noutros satélites. En total lanzáronse seis satélites SBIRS-GEO dos oito proxectados, cancelándose os dous últimos.
SBIRS-GEO 1, 2, 3 e 4 Os SBIRS-GEO 1 a 4 son satélites duns 4500 kg que usan o bus A2100M e foron fabricados por Lockheed Martin. Levan dous sensores infravermellos a bordo, usan paneis solares para proporcionar enerxía eléctrica e teñen unha vida esperada de 12 anos en órbita. Lanzáronse entre 2011 e 2018, todos mediante foguetes Atlas 5.
SBIRS-GEO 5 e 6 Os SBIRS-GEO 5 e 6 son satélites cunha masa parecida aos primeiros catro pero usando o bus LM-2100M. Tamén foron fabricados por Lockheed Martin e levan dous sensores infravermellos, cunha vida esperada similar. Lanzáronse en 2021 e 2022 mediante foguetes Atlas 5.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSBIRS-GEO 17 de maio de 2011Atlas 5ÉxitoSBIRS-GEO 219 de marzo de 2013Atlas 5ÉxitoSBIRS-GEO 321 de xaneiro de 2017Atlas 5ÉxitoSBIRS-GEO 420 de xaneiro de 2018Atlas 5ÉxitoSBIRS-GEO 518 de maio de 2021Atlas 5ÉxitoSBIRS-GEO 64 de agosto de 2022Atlas 5Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas 5 Defense Support Program Space Tracking and Surveillance System
Categoría:Satélites artificiais