Robert I. Nesmith, nado en Nova York o 16 de setembro de 1891 e finado o 28 de xullo de 1972, foi un fotógrafo e numismático estadounidense, especialista no achado de tesouros.

Traxectoria

Fotógrafo Robert Nesmith foi o titular dunha compañía de fotografía chamada R. I. Nesmith & Associates, na cidade de Nova York."Nesmith, Robert I., 1891-1972 ". American Numismatic Society (Numismatics.org)."Robert I. Nesmith photographs, 1942-1944 ". Archives West. Montana Historical Society.

Tamén ocupou o cargo de fotógrafo xefe e director do Copper Comando, unha publicación periódica quincenal nada en 1942 e publicada durante a segunda guerra mundial que destacaba a importancia da produción de metais en tempos de guerra.

No Cooper Comando, Nesmith contaba con Marg Sammons como editora asociada neste proxecto, e ambos acabaron contraendo matrimonio e establecendo a consultora de comunicación Newcomb and Sammons, con sede en Chicago.

Posteriormente Nesmith foi o propietario e director da libraría The Foul Anchor, en Rye, Nova York, especializada na procura de tesouros.

Numismático Paralelamente á súa profesión como fotógrafo, Neismith foi un apaixonado pola numismática. En 1943 ingresou na American Numismatic Society como membro asociado, e en 1944 pasou a ser membro de plano dereito.

Dentro do ámbito numismático especializouse na descuberta de tesouros monetarios e doutro tipo, ámbito sobre o que publicou algúns estudos.Smith, P. (2012)."Robert I. Nesmith's Treasure Hunter Brotherhood". En The E-Sylum: Vol. 23. Nº 47. 22 de novembro de 2020.

Como coleccionista, centrou o seu interese na moeda española e hispanoamericana. A súa colección foi vendida en diversas poxas públicas a partir de 1950 e durante as décadas seguintes.Mail bid sale Nº 10: The George W. Husker collection, the Robert I. Nesmith collection. H. Grunthal / Numismatic Fine Arts, 1951. Páxinas 37-42.Richard Henry Harding, Robert I. Nesmith, Spartacus. Selections for Auction. Henry Christensen Inc, 1970. Páxinas 48-49.

Recoñecementos 1958: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."The Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Robert I Nesmith ao longo da súa traxectoria:

(1955). The Coinage of the First Mint of the Americas at Mexico City 1536-1572 . American Numismatic Society, Nova York. (1958). Dig for Pirate Treasure. Bonanza Books, Nova York. (1968). Treasure... How and whwrw to find it (con J. S. Potter). Arco, Nova York.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Nesmith, Robert I.". En American Numismatic Biographies. Páxina 312.

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1972 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:American Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes