A flor da abella, Ophrys scolopax,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha orquídea terrestre europea. O seu xinostema pode lembrar a cabeza e o peteiro dunha arcea, de aí o seu nome científico (scolopax é unha palabra latina de orixe grega que significa "arcea").
Descrición miniatura É unha planta mediana (20-50 cm), cun talo delgado, a inflorescencia é bastante solta, composta de 3 a unhas dez flores. As flores son bastante variables, pero o aspecto xeral do labelo é sempre alongado e trilobulado, con bordos laterais claramente rebaixados, con forte xibosidade. O lóbulo mediano do labelo remata nun apéndice enteiro verdoso ou trilobulado.
Floración De marzo a maio.
Hábitat É unha especie que aprecia a luz (matogueiras, céspedes, breixos) ou a sombra parcial (claros de piñeiros).
Distribución España, Portugal, Italia, norte de África.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Abelleira común Ligazóns externas Ophrys scolopax en Poitou-Charentes et en Vendée
Categoría:Orquídeas de Galicia Categoría:Ophrys