Katt Both, nada en Waldkappel (rexión de Kassel) o 28 de abril de 1905 e finada en Kassel o 21 de abril de 1985, foi unha fotógrafa, deseñadora de mobles e arquitecta alemá.
Traxectoria Estudou deseño de mobles na Bauhaus de 1924 a 1928, con László Moholy-Nagy. Despois diso traballou para os irmáns Hans e Wassili Luckhardt en Berlín. En marzo de 1929 Otto Haesler en Celle contratouna, onde foi a primeira muller arquitecta. O seu traballo está incluído nas coleccións do Museo Getty, da Galería de Arte de Nova Gales do Sur, do Instituto de Arte de Minneapolis.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mulleres da Bauhaus
Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Nados en Hessen Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Deseñadores de Alemaña