A orquídea de esporón enchido, Orchis coriophora,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións L. (1753), é unha especie terrestre da familia das orquídeas. miniatura

Descrición É unha especie herbácea de pequeno a gran tamaño, terrestre, que prefire o clima frío. Ten un robusto talo de cor verde pálida con 4 a 10 follas basais, lineares a linear-lanceoladas e follas caulinas case na cima do talo. Florece na primavera e verán nunha inflorescencia cilíndrica ou oblonga de 45 a 135 cm de lonxitude con moitas flores (15 a 25) fragantes e de cor variable.

Hábitat e distribución Atópase en España, Italia, Francia e Grecia, Turquía, Chipre, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Portugal, Illas Baleares, Córsega, Sardeña, Bélxica, Holanda, Alemaña, Checoslovaquia, Austria, Hungría, Suíza, Iugoslavia, Albania, Bulgaria, Romanía, Polonia, Bielorrusia, Ucraína, Rusia, Irán, Iraq, Xordania, Israel e Líbano en lugares asollados, claros de piñeirais e matogueiras en alturas sobre os 2500 m s. n. m. en chans lixeiramente acedos.

Taxonomía Orchis coriophora foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 940. 1753.

Etimoloxía

Estas orquídeas reciben o seu nome de xénero do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

coriophora: epíteto latino que significa con flores coriáceas.

Sinonimia

Anacamptis coriophora (L.) R.M.Bateman 1997, Pridgeon & M.W.Chase 1997 Anteriorchis coriophora (L.) E.Klein & Strack 1989 Anteriorchis coriophora subsp. martrinii (Timb.-Lagr.) Jacquet 1997 Orchis cimicinus Crantz 1835 Orchis coreosmus St.-Lag. 1880 Orchis coriophora subsp. carpetana (Willk.) Malag. 1968 Orchis coriophora subsp. martrinii (Timb.-Lagr.) Nyman 1882 Orchis coriophora var. dolichoceras Maire 1939 Orchis coriophora var. elongata Maire 1940 Orchis coriophora var. lusciniarum Maire 1939 Orchis coriophora var. major E.G.Camus 1900 Orchis coriophora var. polliniana (Spreng.) Pollard 1824 Orchis coriophora var. sennenii A.Camus 1928 Orchis coriophora var. subsancta Balayer 1986 Orchis coriophora var. symphypetala Brot. 1827 Orchis fragrans var. elongata (Maire) Raynaud 1985 Orchis fragrans var. polliniana (Spreng.) Pollard 1824 Orchis martrinii Timb.-Lagr. 1856 Orchis polliniana Spreng. 1815

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Asia Categoría:Orchis Categoría:Orquídeas de Galicia