Bennedict Richard Felder Mathurin, nado o 19 de xuño de 2002 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Mathurin foi seleccionado na 6ª posición do Draft da NBA de 2022 polos Indiana Pacers. O 3 de xullo de 2022, Mathurin asinou o seu contrato de rookie cos Pacers. O 19 de outubro de 2022, Mathurin debutou na NBA, facendo 19 puntos na derrota dos Pacers por 114–107 contra os Washington Wizards.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Montreal‎‎ Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers