é unha serie de manga xaponesa creada por Yamada Kanehito e ilustrada por Abe Tsukasa. Publícase na revista semanal Weekly Shounen Sunday dende o ano 2020. Foi gañadora da 14ª Edición do Manga Taishou e o Premio Shinsei da 25ª Edición do Premio Cultural Osamu Tezuka. En novembro de 2023, o número total de volumes en circulación superara os once millóns de copias.

Sinopse

O grupo de catro heroes que derrotaron o rei Demo, formado polo heroe Himmel, o monxe Heiter, o guerreiro Eisen e a maga Frieren, volve á capital conmovido trala súa viaxe de 10 anos, se ben a Frieren, unha elfa que facilmente pode vivir máis de 1000 anos, lle resultou unha viaxe tremendamente curta. Antes de se separaren, coa promesa de volver encontrarse, os catro contemplan o Meteoro da Era, do cal se di que só pasa cada 50 anos.

Frieren reúnese cun Himmel xa envellecido 50 anos máis tarde e, xunto con Heiter e Eisen, volven ver a choiva de meteoros. Himmel falece pouco despois e, no seu funeral, Frieren chora ao entender que non sabía nada de Himmel e nunca se esforzara por descubrir máis del. Confundida pola súa dor, Frieren emprende unha viaxe para coñecer os humanos e coleccionar maxia e feitizos.

Vinte anos despois Frieren visita o ancián Heiter. Este pídelle a Frieren que descifre as escrituras dun grimorio e tome unha orfa de guerra, Fern, como aprendiz. Catro anos máis tarde Heiter falece, Frieren remata de descrifrar o grimorio e Fern converteuse nunha maga habilidosa. Entón, ambas emprenden xuntas unha nova viaxe.

Notas

Categoría:Manga Categoría:Anime