Edmond Byron Sumner, nado o 31 de decembro de 1995 en Detroit, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no BC Žalgiris Kaunas lituano.
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2017, Sumner foi seleccionado na 52ª posición do Draft da NBA de 2017 polos New Orleans Pelicans, quen o traspasaron ós Indiana Pacers. O 5 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Pacers. O 29 de xullo de 2019, Sumner asinou un novo contrato cos Pacers por tres anos.
O 6 de outubro de 2021, os Pacers traspasaron a Sumner ós Brooklyn Nets a cambio dos dereitos do Draft de Juan Pablo Vaulet. Catro días máis tarde, os Brooklyn cortaron a Sumner. O 8 de xullo de 2022, asinou de novo cos Nets. Tras un ano en Brooklyn, foi cortado de novo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas