A TCP1 ou proteína do complexo T 1, subunidade alfa ou complexo t 1 é unha proteína que en humanos está codificada polo xene TCP1 do cromosoma 6.
Función Este xene codifica unha chaperona molecular que é un membro do complexo TRiC. Este complexo consta de dous aneis idénticos empillados, cada un contén oito proteínas diferentes. Os polipéptidos non pregados entran na cavidade central do complexo e son pregados de maneira dependente do ATP. O complexo prega varias proteínas, incluíndo a tubulina. Caracterizáronse variantes de empalme alternativo transcricional deste xene, que codifican diferentes isoformas.
Interaccións TCP1 presenta interaccións con PPP4C e HDAC3. A CCT tamén interacciona directamente co receptor 1 de LDL oxidado de tipo lectina (LOX-1), mentres que o seu ligando a lipoproteína de baixa densidade oxidada (OxLDL) disocia CCT de LOX-1.
Notas a rodapé
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Proteínas