O benshi (弁士) no período mudo do cine no Xapón, era un narrador que sentaba xunto á pantalla do cine, interpretaba a película en directo e daba voz aos personaxes mentres se reproducían na película (tanto películas xaponesas como películas occidentais). A figura do benshi era moi popular no Xapón naquela época. O público adoitaba ir ao cine só para escoitar o comentario intelixente ou popular dun benshi. miniatura|294x294px|Óleo de Hasegawa Toshiyuki pintado en 1932, representado dous benshi.|esquerda Tras a transición ao cinema sonoro, perdeu a súa importancia e extinguiuse.

Os benshi ás veces chámanse katsudō-benshi (活動弁士), katsu-ben-shi ou katsuben (活弁).Todas estas formas son abreviacións de katsudō-shashin-benshi (活動写真弁士), onde katsudō-shashin (活動写真) significa "imaxes en movemento", é dicir, un termo antigo para películas, e benshi (弁士) é un orador ou falante público; ver

En Galiza O libro "O Benshi de Galicia" do guionista e investigador Manolo González relata a historia de Antonio Rey Soto, un polifacético crego galego nado en Ourense en 1879. Rey Soto, ademais de ser poeta e bibliófilo, destacou como un pioneiro director de cine. En 1922 realizou o filme Un viaje a través de Galicia y Asturias; durante as súas proxeccións en América en 1923, Rey Soto narraba o contido do filme ao público, maioritariamente emigrantes galegos, actuando como un benshi ao estilo do cinema mudo xaponés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Los benshi – (eltestamentodeldoctorcaligari.com, en castelán)

Categoría:Cinema mudo Categoría:Cinema do Xapón