O Campo Municipal de Tarazona é un campo de fútbol do do municipio zaragozano de Tarazona, en Aragón, inaugurado en 1979 e reformado en 2014. Trátase dun campo de herba natural con capacidade para 4.000 espectadores. Nel xoga como local os seus partidos a SD Tarazona.
Historia Tralo ascenso da SD Tarazona á Primeira División RFEF na tempada 2022/23, o campo foi sometido a unha serie de obras para cumprir os requisitos establecidos pola RFEF para poder xogar na terceira categoría do fútbol español. Así, o céspede artificial foi substituído por herba natural e as bancadas foron ampliadas ata os 4.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén
Tarazona