miniatura|380x380px|Por mor da inflación, o valor da composición da moeda de 1 hryvnia de 2006-2018"1 Hryvnia Vladimir the Great". Numista.com superou nun 150 % o seu valor nominal. Xa que logo, o Banco Nacional de Ucraína cambiou a composición e reduciu o tamaño en 2018 e,"1 Hryvnia". Numista.com ao baixar dez veces o custo da aliaxe, a cuñaxe volveu a xerar señoriaxe. A señoriaxe"señoriaxe". En Vocabulario de economía. Universidade de Vigo. 2005. Páxina 243. ISBN 84-8158-281-6"Señoriaxe". En Dicionaario de dicionaros (Ilg.usc.gal). "Senhoriagem". En Dicionário Estraviz (Estraviz.org). era no seu inicio o beneficio que percibía a autoridade das casas de moeda pola cuñaxe das pezas cuxo valor intrínseco era inferior ao seu valor nominal. Na actualidade o concepto é esencialmente o mesmo, máis aplicado ao papel moeda: deixando de lado o reducido custo da súa impresión, a señoriaxe refírese que ao dereito a producir diñeiro pode constituír para os emisores —bancos centrais ou organismos emisores— unha fonte de ingresos."O que significa “senhoriagem”?" ECB.europa.euAbel, A.B.; Bernanke, B. S. (1992). Páxina 737.Romer, D. (1996). "Seignorage and Inflation". Páxina 420.
O premio Nobel de Economía Paul R. Krugman, no texto de economía internacional escrito con Maurice Obstfeld, define a señoriaxe como o fluxo de "recursos reais que gaña un Goberno cando imprime diñeiro que gasta en bens e servizos".Krugman, P. R.; Obstfeld, M. (2009). "Developing Countries: Growth, Crisis, and Reform". Páxina 626.A mesma defininición pódese atopar en Obstfeld, M.; Rogoff, K. S. (1996). "Seigniorage". Páxina 523.
O termo é un préstamo lingüístico do provenzal senhoratge, que pola súa vez deriva de seigneur (correspondente ao galego "señor"). Na Idade Media, de feito, os señores feudais de toda Europa intentaron independizarse dos soberanos outorgándose o dereito de cuñar moeda e a propiedade dos ingresos relacionados.Cipolla, C. M. (1963). "Currency Depreciation in Medieval Europe". En The Economic History Review. Vol. 15. Nº 3. Páxinas 413-422.Williamson, S. D. (2005). "A Monetary International Model". Páxina 364.
Historia
Idade antiga Na Antigüidade, cando a base monetaria consistía en moedas de metais preciosos, calquera persoa que tivese ouro ou prata podía levalo á ceca pública, onde se transformaba en moedas coa efixie do soberano ou do gobernante. Os dereitos debidos á ceca e ao soberano esixíanse mediante a retención dunha parte do metal precioso."Seignorage". Bancaditalia.it
A señoriaxe neste contexto era, xa que logo, o imposto sobre a cuñaxe, tamén coñecido como imposto da ceca. O valor nominal e o valor intrínseco da moeda das moedas non coincidían, por mor da señoriaxe e dos custos de produción das moedas. O imposto á cuñaxe utilizábase entón para financiar o gasto público. No caso de que o Estado fose titular de minas de metais preciosos, a señoriaxe coincidiría coa diferenza entre o valor nominal das moedas cuñadas e os custos de extracción do metal precioso e produción das moedas. Xa cos romanos, a partir de Septimio Severo comezouse a reducir á metade a cantidade de metal precioso que contiñan as moedas, deixando inalterado o seu valor nominal, para obter máis beneficios.
Idade Media Entre o 800 e o 1200 d.C., o sistema monetario europeo era sinxelo, baseado case exclusivamente no diñeiro introducido por Carlomagno. Coa caída de Constantinopla, os señores europeos, comezando por Xénova e Florencia, volveron a cuñar moedas (1252).A estabilidade de preços é importante porquê?. Banco Central Europeu. 2009. Páxina 19. ISBN 978-92-899-0423-0 Ao haber tal variedade de tipos diferentes de moedas en circulación, con diversas denominacións, cuñadas en diferentes metais (ouro, prata e cobre) e con padróns de pureza non coincidentes, xurdiu a cuestión da legalidade de que o monarca puidese impor un imposto de señoriaxe á produción de moedas. A escola xurídica dos canonistas defendeu unha orientación favorable, en tanto que a dos romanistas era proclive a que a señoriaxe fose nula.Schiffman, D. A. (2005). "The Valuation of Coins in Medieval Jewish Jurisprudence". En Journal of the History of Economic Thought. Vo. 27. Nº 2. Xuño.
Idade Contemporánea A Revolución Industrial e, xa no século XX, os Acordos de Bretton Woods foron testemuñas do abandono paulatino dos sistemas monetarios baseados nos metais preciosos e da convertibilidade das moedas en metais preciosos. O crecemento dos intercambios económicos provocado pola Revolución Industrial fixo necesario o uso de moedas cuxa oferta non estivese restrinxida pola limitada dispoñibilidade de metais preciosos. Ademais, a aparición de determinadas moedas cada vez máis estendidas e aceptadas nos intercambios internacionais, fixo obsoleto o uso de metais preciosos para regular tales intercambios. E por último, o éxito dos billetes bancarios e outras formas de pagamento non condicionadas polo uso de metais preciosos pódese explicar pola comodidade dos sistemas de pagamento que non requiren a transferencia de grandes cantidades de metais preciosos pesados.
Séculos XX e XXI Durante as décadas de 1980 e de 1990, a excesiva dependencia da señoriaxe dalgúns gobernos europeos —entre eles os de Portugal, Irlanda, Italia, Grecia e España (os chamados PIIGS)— constituíu unha das grandes dificultades para a realización da Unión Económica e Monetaria da Unión Europea.Levitt, M.; Lord, C. (2000). Páxinas 45-46.
Nos países da zona do euro, os ingresos da señoriaxe son recadados polos gobernos dos países membros pola cuñaxe de moedas metálicas, e polo Banco Central Europeo (BCE) pola impresión de billetes, que emite en condicións de monopolio.En efecto, consonte o artigo 105 A do Tratado de Maastricht, "O BCE terá o dereito exclusivo de autorizar a emisión de billetes na Comunidade. O BCE e os bancos centrais nacionais han poder emitir billetes. Os billetes emitidos polo BCE e os bancos centrais nacionais serán os únicos de curso legal na Comunidade". Estes ingresos son despois redistribuídos polo BCE entre os diferentes bancos centrais nacionais,Williamson, S. D. (2005). "Money in the Open Economy". Páxina 505. en función das súas respectivas participacións (para o Banco de España, por exemplo, era do 9,698 % en 2023)."Subscrição do capital". ECB.europa.eu
Os gobernos nacionais individuais toman entón medidas para recadaren unha gran parte destes ingresos dos bancos centrais a través dos impostos.Por exemplo, en 2007 o beneficio antes de impostos do Banco de Italia foi de 1.705.646.647 euros, dos que 1.610.489.843 euros (arredor do 94,4 %) foron confiscados polo Goberno italiano en forma de impostos, o que deu lugar a un beneficio neto do exercicio de 95.156.804 euros para o banco. Véxase "Conto Economico", en Bilancio della Banca d'Italia (2007). Páxina 20. Non obstante, mesmo nos casos dalgúns bancos centrais que non son totalmente estatais —como o Banco de Italia, por exemplo—), a maioría dos beneficios xerados páganselle ao Estado.Véxanse a este respecto os balances de 2007 e 2009 do Banco de Italia. As porcentaxes pagadas ao Estado italiano, calculadas sobre o beneficio bruto (e incluíndo, xa que logo, o imposto sobre a renda), oscilan entre o 98 % e o 73 %. Os gobernos individuais recadan directamente os ingresos derivados do dereito a emitir moedas, dos que teñen que restar os custos de produción. Trátase case sempre duns ingresos modestos, agás no caso de pequenos estados como a República de San Marino ou a Cidade do Vaticano, cuxas moedas se converten en obxectos de colección.
Mentres que a creación e a emisión de diñeiro é xestionada polo banco central e ten lugar a cambio de bonos estatais obtidos mediante operacións do mercado aberto, a simple creación de diñeiro escritural é unha facultade de todo o sistema económico, nacional e internacional.
A diferenza é descrita polo Banco do Canadá no seu sitio web."Seigniorage Revenue". Bank of Canadá. Novembro de 2001 Mentres que no caso das moedas metálicas os ingresos consisten na diferenza entre o valor nominal das moedas emitidas e o custo da súa produción, no caso da emisión de moedas non metálicas os ingresos consisten nos xuros devindicados polos títulos adquiridos para a emisión de diñeiro. Estes ingresos, recadados polo banco central, úsanse para pagar os seus custos e os impostos da emisión. Os ingresos da señoriaxe son en gran parte recadados polo Goberno que lle concedeu ao banco central o dereito de emitir diñeiro en condicións de monopolio.
Descrición A teoría económica En macroeconomía, a señoriaxe refírese aos ingresos que obtén un Goberno en virtude da posibilidade de crear unha base monetaria en condicións de monopolio.Sachs, J. D.; Larrain, F. B. (1993). "The Inflation Tax and Seigniorage". Páxina 339. Nos estados modernos, o banco central adoita imprimir billetes, en tanto que o Goberno —por exemplo a través dunha casa de moeda— cuña as moedas, e ambos obteñen ingresos por señoriaxe.
En economía, a señoriaxe é ante todo unha das fontes coas que un Goberno financia o seu déficit orzamentario —é dicir, a cantidade do gasto público non cuberta pola recadación de impostos—. Na literatura económica, o termo "señoriaxe" adoita referirse aos beneficios públicos.Buiter, W. H. (2007). Seigniorage. NBER Working Paper Nº 12919. Febreiro. JEL Nº E4, E5, E6, H6. Nos países con baixa inflación supón arredor do 0,5 % do produto nacional bruto, mentres que nos países con alta inflación este valor é moito maior.Barro, R. J. (1987). "Money, inflation, and interest rates in the market-clearing model". Páxina 209.Gordon, R. J. (1993). "Inflation: effects, costs, and policy options". Páxina 301. En casos extremos de hiperinflación, a señoriaxe é practicamente a única fonte de financiamento do Goberno.Blanchard, O. J.; Fischer, S. (1989). "Seigniorage and Inflation". Páxina 195. O uso da señoriaxe por parte dos Gobernos está xeralmente asociado a unha alta inestabilidade política, adoito debido a un sistema político moi polarizado.Alex Cukierman, Sebastian Edwards, Guido Tabellini, Seigniorage and Political Instability, The American Economic Review, Vol. 82, No. 3 (Jun., 1992), pp. 537-555. Isto prodúcese con frecuencia en conxunción coa necesidade de financiar os custos das guerras, ou en casos de conmocións esóxenas que provocan un colapso dos prezos das exportacións ou mesmo nos casos en que os Gobernos non son quen de lle facer fronte axeitadamente á evasión fiscal. En todos estes casos, os aforradores tenderán a desconfiar da capacidade do Goberno para pagar as súas débedas, e rexeitarán subscribir os seus bonos.