Peter Christian Kierkegaard, nado o 6 de xullo do 1805 e finado o 24 de febreiro do 1888, foi un pensador, político e teólogo dinamarqués, bispo da Diocese de Aalborg entre 1857 e 1875. Un dos seus irmáns máis novos foi o filósofo Søren Kierkegaard.

Biografía

Primeiros anos Naceu en Aalborg, ao norte de Dinamarca. Foi fillo de Michael Pedersen Kierkegaard (1756-1838), un rico produtor de la e especulador inmobiliario, e a súa segunda esposa, Ane Sørensdatter Lund (1768-1834). En total eran sete irmáns, incluído o célebre teólogo e filósofo Søren Kierkegaard (1813-1855).Lyby (2016) No ano 1822 graduouse pola Universidade de Copenhague, e no 1826 converteuse en Candidatus theologiæ (cand. theol.). No 1829 defendeu a súa disertación na Universidade de Gotinga. Posteriormente, faría unha viaxe de estudos polas cidades de Bonn, Utrecht, Lovaina e París. Tras o seu retorno a Dinamarca, traballou como profesor de linguas clásicas no Borgerdydskolen de Copenhague. Carreira eclesiástica No 1833, foi nomeado párroco en Vejerslev-Blidstrup, no municipio de Mørso. A partir do 1842, foi párroco de Pedersborg e Kindertofte, en Sorø. No 1856, acadou o rango de bispo da Diocese de Aalborg.

Como teólogo da Igrexa de Dinamarca, criticou os traballos do seu irmán en numerosas ocasións, en especial durante os sínodos de Roskilde en 1849 e 1855. Porén, pronunciou un panexírico durante o enterramento deste na Igrexa da Nosa Señora de Copenhague.

En decembro do 1849, foi elixido membro do Landsting, o parlamento dinamarqués. Entre o 4 de setembro de 1867 e o 6 de marzo de 1868 serviu como Kultus Minister do país, baixo a presidencia de Krag-Juel-Vind-Frijs.

Pasamento Peter Christian Kierkegaard faleceu en Aalborg no 1888, e foi soterrado no cemiterio xeral da cidade. Tiña 82 anos.

Vida persoal No ano 1836, casou con Elise Marie Boisen (1806-1837), quen morreu ao ano seguinte. Volveu casar no 1841, con Sophie Henriette Glahn (1809-1881), coa que tería un fillo, Pascal Poul Egede Kierkegaard (1842-1915).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Lyby, T.C. (2016). Peter Christian Kierkegaard: A Man with a Difficult Family Heritage. En Stewart, J. (ed.), Kierkegaard and His Danish Contemporaries - Theology. Routledge.

Categoría:Alumnos da Universidade de Copenhague Categoría:Bispos luteranos de Dinamarca Categoría:Finados en 1888 Categoría:Nados en 1805 Categoría:Filósofos de Dinamarca