O home do norte (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Robert Eggers a partir dun guión que el escribiu con Sjón. Baséase na lenda de Amleth, e está protagonizado por Alexander Skarsgård (quen tamén é produtor), Nicole Kidman, Claes Bang, Anya Taylor-Joy, Ethan Hawke, Björk e Willem Dafoe. Céntrase na historia de Amleth, un príncipe viquingo quen quere vingar o asasinato do seu pai. O filme está fortemente influenciado pola mitoloxía nórdica.

Skarsgård quería facer un filme viquingo dende había varios anos, e Eggers decidiu facer o seu terceiro proxecto despois de que os dous se reunisen para discutir posibles colaboracións. Gran parte do elenco uniuse en outubro de 2019 e a rodaxe tivo lugar en lugares de Irlanda do Norte, a República de Irlanda e Islandia dende agosto até decembro de 2020.

O home do norte estreouse en Estocolmo no Cinema Rigoletto o 28 de marzo de 2022. Comezou a estrearse nos cinemas nalgúns países o 13 de abril de 2022 e estreouse nos Estados Unidos o 22 de abril con grande éxito da crítica, con eloxios á dirección de Eggers, o guión, a fotografía, os efectos visuais, a banda sonora e as actuacións do elenco. Aínda que tivo un rendemento inferior na recadación mundial, máis tarde tivo éxito financeiro no mercado de vídeo baixo demanda e noutros mercados logo da estrea.

Estreouse en galego o 26 de abril de 2025 a través da TVG.

Personaxes

Alexander Skarsgård como Amleth Oscar Novak como Amleth de neno Nicole Kidman como Raíña Gudrún, nai de Amleth Claes Bang como Fjölnir Anya Taylor-Joy como Olga Ethan Hawke como rei Aurvandill Gustav Lindh como Thorir Elliott Rose como Gunnar Willem Dafoe como Heimir Björk como a profeta Eldar Skar como Finnr Olwen Fouéré como Ashildur Hofgythja Ingvar Eggert Sigurðsson como o bruxo Ian Whyte como Mound Dweller Hafþór Júlíus Björnsson como Thorfinnr Tooth-Gnasher Kate Dickie como Halldóra a picta Tadhg Murphy como Eirikr Blaze-Eye Ralph Ineson como capitán Volodymyr Murray McArthur como Hákon Ironbeard Ineta Šliužaitė como a valquiria

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Robert Eggers Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Irlanda do Norte Categoría:Filmes ambientados na era viquinga Categoría:Filmes ambientados no século IX Categoría:Filmes ambientados no século X Categoría:Filmes ambientados en Islandia Categoría:Filmes baseados na mitoloxía nórdica Categoría:Filmes sobre a escravitude Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego