miniatura|Campo da Ran
O Atlético Cuntis é un club de fútbol galego, da vila de Cuntis, fundado en 1973. Na tempada 2023-24 compite no Grupo V da Primeira Autonómica de Galicia.
Xoga coma local no Campo Municipal da Ran de herba artificial. Desde a súa reforma en 2013 ten unhas dimensións de 105 x 63 m e unha capacidade de 348 persoas.
Historia
O Atlético de Cuntis CF naceu no verán de 1973, da man dun grupo de amigos liderado por Manuel Eiras "Lelo". Comezou sendo un equipo moi modesto, composto só por xogadores de Cuntis ós que se lles sumaron xogadores dos concellos veciños. A primeira directiva formárona Manuel Eiras Velay como presidente, Manuel Barros Brey (vicepresidente), Roberto Ameijeiras Blanco (secretario), Joaquín Sanmartín (tesoureiro) e Juan Luis Torres Rey, Ramiro Espiño Castro e os compoñentes do equipo como vogais. As reunións semanais celebrábanse no convento de San Bieito de Pereira, onde tiña a súa residencia o capelán Manuel Barros, que foi o verdadeiro impulsor da creación do club.
O conxunto é herdeiro do desaparecido Burgas, polo que pasaron xogadores que chegaron á Primeira División como o meta Campos ou o exzaragocista Pais. O primeiro equipo estaba integrado por Raído, Cañoto, Fandiño, Malocho, Paco, Severino, Ignacio Romar "Nacho" (adestrador-xogador), Jaime, Pinón, Ramón Eiras, Raxeiro, Luis, Pacheco, Tito, Moncho, Ramón, Jacobo, Lagares e Pablo, todos eles nacidos en Cuntis agás Fandiño, da Estrada, pero cuxo pai era tamén natural da vila. O primeiro partido oficial do Atlético Cuntis xogouse o 24 de marzo de 1974 no campo do Carrasco (Marcón), onde lle gañou ao Nodales por 1-4. No primeiro encontro no campo da Ran venceu 2-1 fronte ao Deportivo Lérez. Ramón Eiras (pai do actual dianteiro do Club Xuventude Sanxenxo Ramón Eiras Fernández), foi o xogador que tivo a honra de conseguir o primeiro gol do equipo.
Acadou a Copa Pontevedra na prórroga da final fronte ao Portonovo por 2-1, nun partido disputado no Monte da Vila, no Grove. Na tempada 2015/2016 -cando militaba na Segunda Autonómica de Galicia- derrotou o Pontevedra na Copa Deputación na quenda de penaltis despois de empatar 2-2. O último ascenso do club á Primeira Autonómica de Galicia aconteceu na tempada 2017/2018 tras quedaren líderes do grupo 10 con 72 puntos, 7 por diante do CD Arcade e da UD Sampayo.
Traxectoria TempadaCategoríaPosto2013/141ª Autonómica2014/152ª Autonómica5º2015/162ª Autonómica2016/171ª Autonómica2017/182ª Autonómica 2018/191ª Autonómica10°2019/201ª Autonómica5°2021/221ª Autonómica (grupo 15)4°2022/231ª Autonómica9°2023/241ª Autonómica
Equipamento Camiseta amarela e negra con franxas verticais, pantalón negro e medias negras con tres franxas amarelas horizontais.
Notas
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Cuntis