boygenius é un supergrupo estadounidense de indie rock formado polas cantautoras Julien Baker, Phoebe Bridgers, e Lucy Dacus. Estreáronse cun EP autotitulado en 2018, e volveron tras un hiato co seu álbum de estudio de estrea, The Record (2023), que foi un éxito de crítica e de vendas. Etiquetado como un "clásico instantáneo" por NME, chegou á cima das listas no Reino Unido, Irlanda e Países Baixos, e chegou ao número 4 da Billboard 200 estadounidense. O seu segundo EP, The Rest, foi editado o 13 de outubro de 2023.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Record 2023 Interscope Records
EPs Álbum Ano Selo Boygenius 2018 Matador Records The Rest 2023 Interscope Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2018 Categoría:Supergrupos Categoría:Bandas de mulleres