miniatura|Un satélite Sentinel 1. Sentinel é unha serie de misións espaciais da Axencia Espacial Europea que son parte do programa Copérnico para a observación da Terra co fin de estudar o cambio climático, a extensión do xeo polar, problemas de urbanismo e agricultura e dar apoio en situacións de catástrofe natural, entre outros.
Características As misións Sentinel están formadas por satélites ou por instrumentos científicos a bordo de satélites de terceiros co fin de facer determinadas observacións. Cada misión está centrada na observación de determinadas características usando certos instrumentos.
Sentinel 1 A misión Sentinel 1 está formada por catro satélites, tres deles (Sentinel 1A, 1B e 1C) lanzados o 3 de abril de 2014, o 25 de abril de 2016 e o 5 de decembro de 2024, co outro (Sentinel 1D) a ser lanzado no futuro. Son satélites de observación mediante radar de apertura sintética en banda C construídos sobre o bus Prima e cunha masa de máis de 2000 kg. Os satélites poden observar cunha resolución de entre 5 e 25 m segundo o modo operativo. A misión está pensada para ter continuidade cos datos dos satélites ERS e Envisat. Sentinel-B finalizou a súa misión en 2022.
Sentinel 2 Os Sentinel 2 están adicados a obter imaxes multiespectrais de alta resolución para monitorizar a cobertura vexetal e hidrolóxica, o solo e as áreas costeiras, entre outros. Tamén poden enviar información a servizos de emerxencia. Lanzáronse o Sentinel 2A o 23 de xuño de 2015, o Sentinel 2B o 7 de marzo de 2017 e o Sentinel 2C o 5 de setembro de 2024, con previsión de lanzar no futuro o Sentinel 2D. Os instrumentos dos Sentinel 2 poden producir imaxes cubrindo 290 km de ancho cunha resolución espacial de entre 10 e 20 m en trece canais, desde o visible ao infravermello. Están pensados para dar continuidade ás misións Landsat e SPOT e usan o bus AstroBus-L, cunha masa duns 1130 kg.
Sentinel 3 Os Sentinel 3 son satélites con varios instrumentos para medir a topografía da superficie oceánica, a temperatura e a cor da terra e do mar e servir de apoio para os sistemas de predición meteorolóxica e observación climática. Os seus datos dan continuidade a misións como Envisat e CryoSat. Están construídos co bus Prima, contando cunha masa duns 1200 kg. O Sentinel 3A lanzouse o 16 de febreiro de 2016, mentres que Sentinel 3B foi lanzado o 25 de abril de 2018, cos Sentinel 3C e 3D a ser lanzados no futuro.
Sentinel 4 miniatura|Un MTG-S cun Sentinel 4 a bordo. Sentinel 4 consiste nun sondador no visible, no ultravioleta e no infravermello próximo que viaxará a bordo dun satélite meteorolóxico Meteosat Third Generation no futuro. O instrumento está pensado para obter datos da calidade do aire e medir os niveis de ozono, dióxido de nitróxeno, dióxido de xofre, formaldehido e outras especies, así como medir o espesor óptico de aerosoises e a dispersión destes coa altura.
Sentinel 5P Sentinel 5P (P de Precursor) é un satélite de baixo custo lanzado como adianto de Sentinel 5. Foi lanzado o 13 de outubro de 2017 e está adicado a estudar a química atmosférica mediante a medición de gases traza e aerosois que afectan á calidade do aire. O satélite da continuidade aos datos de Envisat e Aura. Usa o bus AstroBus-L 250M e ten unha masa de 900 kg.
Sentinel 5 Sentinel 5 é un instrumento que viaxará a bordo dos satélites METOP-SG para estudar a atmosfera, continuando as observacións de Sentinel 5P.
Sentinel 6
Sentinel 6, tamén coñecidos como Jason-CS, son satélites para facer medicións altimétricas mediante radar da altura da superficie mariña para estudos oceanográficos e climáticos. Os Sentinel 6 usan unha plataforma derivada de CryoSat. O primeiro foi lanzado o 21 de novembro de 2020 e o segundo o 17 de novembro de 2025 e están deseñados para dar continuidade aos datos dos satélites Jason.
Expansións Sentinel Ademais das misións en curso, hai planificadas seis misións de expansión para seguir dando servizo no futuro:
CHIME (Copernicus Hyperspectral Imaging Mission for the Environment): un satélite para observar mediante un espectrómetro do visible ao infravermello co que proporcionar información e apoio á agricultura sostible, á xestión da biodiversidade e caracterizar as propiedades dos solos.
CIMR (Copernicus Imaging Microwave Radiometer): un radiómetro de microondas para medir a temperatura do mar, a concentración de xeos mariños e a salinidade da superficie do mar.
CRISTAL (Copernicus Polar Ice and Snow Topography Altimeter): un satélite cun altímetro radar e un radiómetro de microondas para medir o espesor do xeo mariño e da neve.
LSTM (Copernicus Land Surface Temperature Monitoring): un satélite cun sensor no infravermello térmico de alta resolución temporal e espacial para medir a temperatura da superficie do solo.
ROSE-L (Copernicus L-band Synthetic Aperture Radar): un radar de apertura sintética en banda L capaz de atravesar vexetación, neve e xeo, proporcionando información que os Sentinel 1 non poden dar agora.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSentinel 1A3 de abril de 2014Soiuz-ST A Fregat-MÉxitoSentinel 2A23 de xuño de 2015VegaÉxitoSentinel 3A16 de febreiro de 2016Rokot KMÉxitoSentinel 1B25 de abril de 2016Soiuz-ST A Fregat-MÉxitoSentinel 2B7 de marzo de 2017VegaÉxitoSentinel 3B25 de abril de 2018Rokot KMÉxitoSentinel 5P13 de outubro de 2017Rokot KMÉxitoSentinel 6A21 de novembro de 2020Falcon 9ÉxitoSentinel 1C5 de decembro de 2024Vega-CÉxitoSentinel 6B17 de novembro de 2025Falcon 9Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz-ST A Fregat-M Vega (foguete) Rokot KM Falcon 9 Envisat European Remote Sensing satellite CryoSat Vega-C
Categoría:Axencia Espacial Europea Categoría:Satélites artificiais