Pau Víctor Delgado, nado en Sant Cugat del Vallès o 26 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga principalmente como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, cedido polo Girona.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Sabadell, antes de ingresar en 2018 na do Girona. O 20 de xullo de 2020, sen ter xogado nunca co filial, debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Jairo Izquierdo na segunda metade dunha derrota por 2-0 ante o Alcorcón no estadio Santo Domingo. Na tempada 2020/21 pasou ao Girona B, da Terceira División, co que disputou 16 partidos, marcando 6 goles. Durante esa mesma tempada participou en 10 partidos do primeiro equipo.

Para a campaña 2022/23 regresou cedido ao Sabadell, da Primeira División RFEF, onde foi titular na maioría de partidos, aportando sete goles e seis asistencias. Na seguinte tempada saíu cedido de novo, desta vez ao Barcelona Atlètic.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Sant Cugat del Vallès Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do SC Braga