Aitor Aranzabe Etxabe, nado en Zaldibia o 28 de xuño de 1998, é un futbolista vasco, que xoga como extremo esquerdo no Real Unión, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad, na que ingresou aos 15 anos. Xogou co equipo xuvenil na División de Honra e na tempada 2017/18 debutou coa Real Sociedad C na Terceira División, equipo ao que pasou totalmente na seguinte tempada e ao que capitaneou. Para a tempada 2019/20 saíu cedido ao Real Unión, da Segunda División B, co que disputou 23 partidos, anotando un gol ante o Salamanca. De regreso en Vitoria, militou na Real Sociedad B, proclamándose campión do Grupo II da Segunda B e logrando o ascenso á Segunda División.

Xa desvencellado da Real, en 2021 fichou polo Tudelano, co que debutou na Primeira División RFEF, competición que celebraba a súa primeira edición, pero non puido manter a categoría. A continuación pasou ao Sestao River, da Segunda División RFEF, co que conseguiu o ascenso á Primeira RFEF como campión de grupo. Contribuíu cun total de 32 partidos e 2 goles, e o seu contrato foi renovado por dúas tempadas máis.

Continuou como titular indiscutible na categoría de bronce, disputando un total de 39 encontros encontros na tempada, 36 deles saíndo dende o inicio, e anotou 6 goles. En xuño de 2024 anunciouse o seu regreso ao Real Unión, da mesma categoría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web da Real Sociedad Datos do xogador en LaPreferente.com

Categoría:Nados en Zaldibia Categoría:Nados en 1998 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do Real Unión Categoría:Xogadores do Sestao River Club