Sergio González Martínez, nado en Cartaxena o 14 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga de defensa central no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria Criouse en La Manga del Mar Menor e comezou a xogar ao fútbol nun club da vila mariñeira. Posteriormente pasou polo CD La Unión e polo Cartagena, ata que en 2013 se trasladou a Cádiz, terra de seu pai, para ingresar na canteira do Cádiz. Debutou co Cádiz B na Terceira División o 17 de maio de 2015, nunha derrota por 2-3 ante o CD Mairena, co equipo matematicamente descendido a Primeira Andaluza.
Un ano menos dous días despois debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nunha vitoria por 0-1 ante o Real Jaén na última xornada. Co equipo xa clasificado para a promoción de ascenso, Álvaro Cervera deulle a titularidade, colocándoo no centro da zaga xunto a Servando Sánchez. O equipo amarelo acabou conseguindo o ascenso.
A continuación subiu definitivamente ao filial, afianzándose na titularidade durante os seguintes anos, nos que conseguiu un ascenso a Terceira e outro a Segunda B. Na tempada 2019/20 compaxinou o filial co primeiro equipo e disputou con este último 18 encontros, contribuíndo ao ascenso do equipo á Primeira División.
Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2020/21, a derrota por 0-2 ante Osasuna no Nuevo Mirandilla. Con todo, uns días despois o club prohibiulle adestrar cos seus compañeiros e deulle a baixa federativa, o que provocou unha denuncia pública da Asociación de Futbolistas Españois (AFE). En xaneiro de 2021 foi cedido ao Tenerife polo que restaba da campaña, e trala fin da cesión asinou un contrato por tres anos co club canario. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com . Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Nados en 1997