Theodor Kallifatides (grego: Θοδωρής Καλλιφατίδης), nado en Molaoi o 12 de marzo do 1938, é un escritor sueco de orixe grega.
Biografía Kallifatides naceu na vila de Molaoi, na rexión grega de Laconia, no ano 1938. O seu pai, Dimitrios Kallifatides, era un profesor orixinario do Ponto, e a súa nai, Antonia Kyriazakou, era natural de Molaoi. No 1946, a familia trasladouse a Atenas, onde Kallifatides fixo a secundaria. Tamén foi estudante da escola de teatro de Karolo Koun.
No 1964, emigrou a Suecia, onde vive dende entón. Licenciouse en Filosofía e, entre o 1969 e o 1972, foi profesor na Universidade de Estocolmo. Tamén foi director da revista literaria Bonniers, do 1972 ao 1976.
Obra A literatura de Kallifatides adoita xirar arredor das súas experiencias en Grecia e como emigrante. Malia debutar no 1969 como poeta, é recoñecido sobre todo polas súas novelas. Tamén escribiu ensaios de viaxe, obras de teatro e guións cinematográficos. Así mesmo, dirixiu varias películas. As súas obras recibiron numerosos premios, e foron traducidas a máis de vinte linguas. Bibliografía
Poesía
Minnet i exil: dikter (1969) Tiden är inte oskyldig: dikter (1971)
Novelas
Novelas independentes
Utlänningar (1970) Bönder och herrar (1973) Plogen och svärdet (1975) Den sena hemkomsten. Skisser från Grekland (1976) Den grymma freden (1977) Kärleken (1978) Mitt Aten (1978) En fallen ängel (1981) Brännvin och rosor (1983) Människor, skolböcker, minnen (1986) Lustarnas herre (1986) En lång dag i Athen (1989) Sidospår (1991) Vem var Gabriella Orlova? (1992) Cypern: en resa till den heliga ön (1992) Ett liv bland människor (1994) Svenska texter (1994) Det sista ljuset (1995) Afrodites tårar: om gamla gudar och eviga människor (1996) De sju timmarna i paradiset (1998) För en kvinnas röst: en kärleksdikt (1999) Ett nytt land utanför mitt fönster (2001) En kvinna att älska (2003) Herakles (2006)
Mödrar och söner (2007)
Vänner och älskare (2008) Slump: kollektiv roman (2008)
Det gångna är inte en dröm (2010)
Brev till min dotter (2012) Med sina läppars svalka (2014)
Ännu ett liv (2017) Slaget om Troja (2018)
Triloxía policíaca Kristina Vendel
Ett enkelt brott (2000) Den sjätte passageraren (2002) I hennes blick (2004)
Filmografía Como realizador y guionista
Kärleken (1980)
Como guionista
Jag heter Stelios (1972) de Johan Bergenstråhle
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Theodor Kallifatides (IMDb)
Categoría:Profesores da Universidade de Estocolmo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Escritores en lingua sueca