O encoro do Sisga é un encoro de formigón situado no curso do río Sisga, no concello de Chocontá, do departamento de Cundinamarca, no centro de Colombia. Atópase a 55 km sobre a estrada principal que conduce de Bogotá a Tunja.

A construción comezou en 1948 e foi completada en 1951 pola empresa estadounidense Raymond Concrete Pile and Wiston Bros Inc. por petición da Caixa de Crédito Agrario, Industrial e Mineiro para regular os caudais do río Sisga e así evitar asolagamentos na cidade de Bogotá.

No lago xerado augas arriba desenvólvense diferentes actividades económicas como turismo, pesca e deportes náuticos.miniatura|Encoro do Sisga.|centro Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sistema Distrital de Prevención e Atención de Emerxencias

Sisga