Jan Santaló i Lloret, nado o 27 de novembro de 1994, é un político catalán, alcalde de L'Ametlla del Vallès dende xuño de 2023.
Traxectoria Estudou Enxeñaría Industrial na Universidade Politécnica de Cataluña e complementou os seus estudos cun mestrado en economía na Universidade de Barcelona (UB) e outro na Universidade de Copenhague. Despois traballou nunha empresa catalá do sector ferroviario, nunha multinacional do sector da automoción e como profesor de economía na Universidade Autónoma de Barcelona.
Concelleiro na oposición dende 2017, inicialmente con Esquerra Republicana, presentouse en solitario coa lista de Ametlla't ás eleccións municipais de maio de 2023, obtendo 6 dos 13 concelleiros. Foi investido alcalde o 17 de xuño de 2023. A oposición municipal fana Junts per Catalunya e Esquerra Republicana.
Dentro do seu plan de goberno anunciou un novo plan urbanístico, a mellora da vía pública, o novo modelo de recollida selectiva de residuos ou a recuperación da actividade do complexo deportivo municipal de Can Camp.
Ameazas en 2023 En maio de 2023, en plena campaña electoral, uns descoñecidos romperon a fiestra do seu coche, saqueárono e no seu interior deixaron unha nota que dicía "Vamos a por tí". En outubro de 2023, uns descoñecidos entraron no seu piso e saqueárono mentres estaba nunha xunta municipal.
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Alcaldes de L'Ametlla del Vallès