Manuel Paradela Barros, coñecido como Coxo, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) e finado en Filgueira de Barranca (Oza Cesuras) o 28 de febreiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Tiña un pé equino e levaba zapato ortopédico. Compañeiro sentimental de Clementina Gallego Abeledo. Clementina convenceuno para que se incorporara á guerrilla en 1948. Debido aos problemas de mobilidade que padecía, encargábase de confeccionar propaganda no Eume. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Filgueira de Barranca o 28 de febreiro de 1951 xunto con Valentín Fernández González que levaba documentación falsa a nome de José García Castelo. Foron soterrados no cemiterio de Filgueira de Barranca.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Fosa do cemiterio de San Pedro de Filgueira de Barranca
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1951