O fitoflueno é un carotenoide incoloro que se atopa de forma natural nos tomates e outras hortalizas. É o segundo produto que se forma na biosíntese dos carotenoides.Tomato Metabolite Database, Universidade Cornell Fórmase a partir do fitoeno nunha reacción de desaturación que orixina formación de cinco dobres enlaces conxugados. No seguinte paso biosintético, a adición de enlaces dobres conxugados carbono-carbono causa a formación de ζ-caroteno e a aparición dunha cor visible.

O fitoflueno ten un espectro de absorción no rango dos UVA, cunha absorción máxima a 348 nm e cun ε1% de 1557.

A análise de varios froitos e verduras mostrou que o fitoeno e o fitoflueno se atopan na maioría deles. A diferenza doutros carotenoides, o fitoeno e o fitoflueno, os dous primeiros precursores na ruta de biosíntese doutros carotenoides, absorben luz UV.

O fitoeno e fitoflueno procedentes da dieta acumúlanse na pel humana e outros órganos. A acumulación destes carotenoides protexe a pel por diversos mecanismos: actuando como absorbentes de UV, como antioxidantes e como axentes antiinflamatorios.

Notas

Categoría:Carotenoides