Higinio Vilar Pereira, nado en Regoela (Cabanas) o 4 de agosto de 1919 e finado no mesmo concello en 1993, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte co seu irmán Antonio cara a 1938 para non ter que ir á guerra. Foi membro do grupo de José Vázquez Mauriz. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Regresou a España en 1983.
Vida persoal
Casou no exilio con Ernesta Sánchez Calvo. Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego
Categoría:Nados en Cabanas
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1993