Evangelina Nogales de la Morena, nada en Colmenar Viejo o 16 de maio de 1965, coñecida publicamente como Eva Nogales, é unha biofísica española que traballa no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley.

Traxectoria

É catedrática de Bioquímica, Biofísica y Bioloxía Estrutural no departamento de Bioloxía Molecular e Celular da Universidade de California en Berkeley e investigadora do Instituto Médico Howard Hughes. É líder internacional no seu ámbito no uso de criomicroscopía electrónica para ver os compoñentes das células a nivel atómico. Foi galardoada co Premio Shaw en 2023, dotado cun millón de euros, por revelar as entrevoltas atómicas do ser humano, e é unha das favoritas para o Nobel.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Nados en Colmenar Viejo Categoría:Nados en 1965