O apocarotenal ou trans-β-apo-8'-carotenal, é un carotenoide atopado nas espinacas e froitos cítricos. Como outros carotenoides, o apocarotenal exerce un papel de precursor da vitamina A, aínda que só ten un 50% da actividade de provitamina A do β-caroteno. A súa fórmula empírica é C30H40O.
O apocarotenal ten unha cor laranxa ou laranxa avermellada e utilízase en alimentos, produtos farmacéuticos e cosméticos. Dependendo da forma do produto, o apocarotenal utilízase en alimentos baseados en graxas (margarina, salsas, aderezos de ensaladas), bebidas, produtos lácteos e doces. O seu número E é E160e e está aprobado o seu uso como aditivo alimentario nos EUA,US FDA: na Unión Europea,UK Food Standards Agency: Australia e Nova Zelandia.Australia New Zealand Food Standards Code
Posible carcinoxenicidade Os estudos epidemiolóxicos mostraron que as persoas cun consumo elevado de β-caroteno e altos niveis plasmáticos de β-caroteno teñen un risco de padecer cancro de pulmón significativamente reducido. Porén, os estudos de suplementación con altas doses de β-caroteno en fumadores mostraron un incremento do risco de cancro, posiblemente porque o excesivo β-caroteno ten como resultado a formación de produtos de degradación que reducen os niveis plasmáticos de vitamina A e empeoran a proliferación celular pulmonar inducida polo hábito de fumar.Arti Arora, Celeste A. Willhite, Daniel C. Liebler. Interactions of β-carotene and cigarette smoke in human bronchial epithelial cells. Carcinogenesis, volume 22, número 8 de agosto de 2001, páxinas 1173–1178, O principal produto de degradación do β-caroteno sospeitoso deste comportamento é o trans-beta-apo-8'-carotenal (o apocarotenal común),Wang XD, Russell RM. 1999. Procarcinogenic and anticarcinogenic effects of beta-carotene. Nutr Rev 57: 263–72 o cal se viu nun estudo que era mutaxénico e xenotóxico en cultivos celulares que non responden ao propio β-caroteno.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o apocarotenal
Categoría:Aditivos alimentarios Categoría:Apocarotenoides Categoría:Ciclohexenos