André Charles Boulle, nado o 11 de novembro de 1642 en París e finado o 29 de febreiro de 1732 na mesma cidade, foi un ebanista, escultor e decorador francés.

Le joailler du meuble (o "xoieiro de mobles"), converteuse nun dos ebanistas preeminentes no campo da marquetaría, tamén chamada incrustación. Boulle foi "o máis notable de todos os ebanistas franceses". Jean Baptiste Colbert recomendouno a Lois XIV de Francia, como "o artesán máis hábil da súa profesión". Ao longo dos séculos transcorridos desde a súa morte, o seu nome e o da súa familia relacionáronse coa arte que perfeccionou, a incrustación de sapoconcho, latón e peltre en ébano.

Galería

Notas

Categoría:Ebanistas Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1642 Categoría:Finados en 1732