Shenzhou 15 foi un voo tripulado cara á Estación Espacial Chinesa. Foi lanzada o 29 de novembro de 2022 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 15 foi unha misión tripulada polo comandante Fei Junlong, o operador Deng Qingming e o operador de sistemas Zhang Lu. Foi a cuarta nave tripulada en acoplarse á Estación Espacial Chinesa. A misión da tripulación foi realizar mantemento da estación e probar tecnoloxías para futuros acoplamentos e a expansión da estación espacial. Shenzhou 15 regresou a terra o 3 de xuño de 2023.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 16 Tiangong 2 Estación Espacial Chinesa

Categoría:Programa Shenzhou