Décimo Xunio Pera (​en latín: Decimus Iunius Pera) foi un político e militar romano, pertencente á gens Xunia, unha das familias patricias máis antigas e coñecidas da República romana.

Traxectoria

Familia Era fillo de Décimo Xunio Bruto Pera e pai de Marco Xunio Pera, cónsul no 230 a.C.

Carreira política No 266 a. C., foi elixido cónsul con Numerio Fabio Píctor,Broughton (1951), p. 201 dous anos antes da Primeira Guerra Púnica. Nese mesmo celebrou dous triunfos: o primeiro pola vitoria sobre os sarsinatos e, o segundo, pola conseguida sobre os salentinos e mesápios.Smith (1867), p. 185

Segundo Tito Livio, trala morte do seu pai, Décimo Xunio Bruto Pera, no 264 a. C., Décimo e o seu irmán, Marco, ámbolos dous cónsules e censores de Roma, quixeron celebrar a morte e honrar ao seu pai retomando unha antiga tradición etrusca tradición (o gens Xunia era de orixe etrusca) coñecida como munus (regalo ou don) gladiatorium, un xeito de ofrenda para honrar os defuntos que consistía nunha loita entre dous individuos, que orixinariamente eran escravos, e que deberían morrer loitando polas súas vidas. Esta primeira celebración tivo lugar no Foro Boario, cando tres parellas de individuos loitaron ata a morte, unha ofrenda de sangue tal como esixía a tradición etrusca. A partir de entón, o costume pasou a ser habitual entre as familias nobres da cidade e que, posteriormente, se coñecería como Xogos Romanos.

Décimo, tamén foi elixido censor no 253 a. C. xunto con Lucio Postumio Megelo, pero abdicou despois da morte de Megelo no mesmo ano mentres exercía o cargo.Broughton (1951), p. 211

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Cónsules romanos na República

Categoría:Cónsules da República romana Categoría:gens Xunia Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Censores romanos