Pedro Juan Méndez, alcumado Jalisco, nado en Sancedo (provincia de León) o 12 de decembro de 1928 e falecido en Ponferrada o 11 de outubro de 2012, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.
Traxectoria O seu pai Arsenio Juan Juan foi apresado en Asturias no 1937 e fusilado despois en León. Entre o ano 1942 e outubro de 1948, Pedro Juan Méndez foi enlace da Federación de Guerrillas León-Galicia. Tras pasar a Francia retornou ese mesmo ano para incorporarse ao Exército Guerrilleiro de Galicia, pasando a pertencer a II Agrupación. Na primavera de 1949, xunto a Silverio Yebra Granja "Atravesado”, Manuel Zapico Terente "Asturiano", Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas", uniuese ao grupo de Manuel Girón Bazán. O 17 de xullo de 1950 foi sorprendido con Manuel Girón, Silverio Yebra e Francisco Martínez López en Corporales (Truchas) onde despois dun combate de dez horas morreron os gardas civís Agustín Puente Martínez e Manuel Combarros García, e os guerrilleiros lograron romper o cerco. Permaneceu no grupo ata o asasinato de Girón en maio de 1951. Xunto con “Asturiano”, “Atravesado” e Francisco Martínez López "Quico", fuxiu cara a Francia, onde se presentaron ante as autoridades locais en setembro de 1951. Tras regresar a España residiu en Cacabelos. Morreu no Hospital do Bierzo o 11 de outubro de 2012.Muere el último guerrillero de la partida de Girón
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha na Fundación Pablo Iglesias
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Exiliados do franquismo
Categoría:Nados en Sancedo
Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades sen imaxes