Francisco Bernis Madrazo, nado en Salamanca o 16 de agosto de 1916Castellón Serrano, Leal Pérez-Chao, Martínez Alfaro, Masip Hidalgo e Prado Gómez (2016), p. 66 e finado en Madrid, o 10 de novembro de 2003,Merino (2004), p. 63 foi un ornitólogo e biólogoespañol.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Discípulo do Instituto Libre de Enseñanza, o seu interese pola bioloxía foi moi temperán e ingresou na Sociedade Española de Historia Natural en 1933, cando tiña 17 anos. Licenciouse en Ciencias Naturais en 1941 e comezou a traballar como profesor de ensino secundario e, en 1943, obtivo a cátedra de Ciencias no Instituto de Lugo, onde permaneceu até 1956 e onde realizou un intenso traballo de campo.
Carreira profesional Doutorouse en 1951, cunha tese sobre a revisión taxonómica do xénero vexetal Armeria con Premio extraordinario de DoutoramentoMerino (2004), p. 64 e, o ano seguinte, iniciou a exploración ornitolóxica de Doñana. Xunto a José Antonio Valverde, levou a cabo as primeiras iniciativas para a protección deste xacemento e a conformación dun parque nacional. En 1954, xunto con outros afeccionados ao estudo das aves, fundou a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO), da que foi secretario xeral até 1972.De Juana, indica até 1974. Colaborou na editorial da Sociedade e actuando como redactor da revista Ardeola.
En 1956, Bernis converteuse en catedrático de Zooloxía de vertebrados na Complutense até a súa xubilación en 1985, e exerceu, tamén, como xefe da sección de vertebrados do Museo de Ciencias Naturais de Madrid.
Foi pioneiro no anelamento científico de aves e, en 1957, organizou as primeiras campañas de anelamento do entón recentemente creado Centro de Migración de Aves da Sociedade Española de Ornitolóxica.
Bernis xerou procedementos innovadores para a época: prácticas de campo cos seus alumnos, creación e uso de láminas, diapositivas e mesmo películas. Estimulou a formación da colección que hoxe constitúe o Museo de Anatomía Comparada de Vertebrados (MACV), situado na Facultade de Ciencias Biolóxicas da Universidade Complutense de Madrid; e foi unha das máis importantes entre as universidades europeas. A súa visión innovadora e informada da bioloxía do seu tempo traduciuse nunha presenza constante en congresos internacionais en Basilea (1954), Helsinqui (1958), Ithaca, Nova York (1962), Oxford (1966) e A Haia (1970); e na aceptación dos postulados neodarwinistas.
Obras A súa actividade científica principal estivo ligada ao estudo das migracións das aves, pero tamén aos censos, a zooxeografía e outros aspectos da ornitoloxía. En 1954, publicou en Ardeola o Prontuario de la Avifauna española (Incluyendo aves de Portugal, Baleares y Canarias), que se converteu nunha publicación de grande importancia na ornitoloxía española. Pouco despois, en 1959, apareceu na mesma revista La migración de las cigüeñas españolas y de otras cigüeñas occidentales, que foi a primeira dunha serie continuada entre 1966 e 1971 denominada Aves migradoras Ibéricas, publicada en 8 fascículos e completada por algúns dos seus discípulos.
En 1966, a súa obra Migración en aves. Tratado teórico-práctico, converteuse nun referente para o anelamento e a migratoloxía de aves en España durante as últimas décadas. Outros títulos relevantes da súa produción científica foron: La migración de las aves en el Estrecho de Gibraltar (1980); Diccionario de nombres vernáculos de aves (1995) e La clase aves. Un recorrido biológico por la taxonomía (1997).
Legado miniatura|Francisco Bernís nunha excursión a Cogolludo, Guadalaxara, polo 1930. A súa influencia en xeracións de ornitólogos españois desde a segunda metade do século XX é indiscutible. A pulcritude do seu traballo, a gran cultura e o éxito na análise fan del un referente obrigado. Pero tamén, un pouco paralelo a Charles Darwin, o seu estilo literario absolutamente característico, preciso, rico en conceptos, entretido e maxistral, fan da súa obra unha delicia para o lector, que ademais de científico atopa un verdadeiro escritor.
Foi membro de diversas sociedades internacionais como a British Ornithologist's Union, a American Ornithologist's Union e a Deutsche Ornithologische Gesellschaft.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ardeola
Ligazóns externas
Ficha no International Plant Names Index (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario Nacional Australiano (eds.).
Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid