Paulo Martínez Lema, nado en Damil (Begonte) en 1982, é un filólogo galego.
Traxectoria Licenciouse en filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento, dirixida por Francisco Xabier Varela Barreiro e Antón Santamarina, levou por título Achegamento á toponimia medieval galega: a documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV). É o autor de varios artigos sobre toponimia en revistas académicas e da obra Toponimia de Begonte e Rábade (2018).
Notas
Categoría:Nados en Begonte Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes