Jon Magunazelaia Argoitia, nado en Éibar o 13 de xullo de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo na Real Sociedade B, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse nas canteiras do Eibar e da Real Sociedade, incorporándose a este último club no 2016. Na tempada 2020/21 debutou coa Real Sociedad C, nun partido ante o Gernika, e un mes e medio despois marcou os seus primeiros goles completando un triplete ante o Somorrostro. Esa mesma campaña o equipo logrou o ascenso á Segunda División RFEF.
O 18 de setembro de 2021 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División, nun empate 1-1 ante o Zaragoza. Xogou 26 encontros co primeiro filial do club durante a campaña, anotando 2 goles, pero o equipo acabou descendendo.
O 27 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Europa League, substituíndo ao seu compañeiro Jon Karrikaburu na segunda metade da vitoria por 0-2 sobre o AC Omonia. O seu debut na Primeira división produciuse tres días despois, cando substituíu a Carlos Fernández ante o Real Betis.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Éibar Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad