Federico Cantero Villamil, nado en Madrid o 22 de xuño de 1874 e finado en 1946 foi un enxeñeiro civil español coñecido polos encoros que construíu e proxectou ao longo do río Douro e polas súas investigacións no ámbito aeronáutico, que se resume na Libélula Viblandi, un helicóptero, ou precursor do mesmo, construído por el.
Traxectoria
Familia Os seus pais foron o enxeñeiro de camiños Federico Cantero Seirullo e Isabel Villamil Olivares. Casou con Tránsito Cid, e tiveron dous fillos. Após enviuvar, Cantero casou con Concepción García-Arenal Winter, neta de Concepción Arenal, e tiveron seis fillos.
Formación e primeiras obras Fíxose enxeñeiro o 30 de setembro de 1896, coa mellor cualificación. Realizou a súa práctica laboral durante 1897 en Zamora, e en 1900 comezou a traballar na "Jefatura de Obras Públicas de Zamora". En maio de 1900 pediu e obtivo unha licenza para traballar na hidráulica. Nese momento, os gobernos de España e Portugal planeaban como explotar o potencial hidroeléctrico do río Douro.
Encoros En 1899 funda a sociedade "El porvenir de Zamora", co obxectivo de financiar e explotar o encoro de San Román, preto de Zamora. A súa construción durou até 1903. Este encoro aproveitou un meandro do río Douro de 11,2 km de longo. Abriu un túnel de 1.5 km de longo e construíu as turbinas e os motores do outro lado. Mediante isto, o desnivel desde o encoro até as turbinas medía 14 metros, mentres que a altura do encoro era de só 5 metros.
Tamén deseñou e proxectou a denominada "Solución española de los Saltos del Duero", proxecto que planificou todas as represas da vertente española do río Douro.
Finalmente, proxectou a construción real dalgunhas desas presas, e tamén dous encoros de Burgomillodo, río Duratón e río Eresma.
Patentou en 1945 un "novo tipo de pechadura hidráulica accionada pola propia auga da canle ou o encoro onde están instalados".
Ferrocarril En 1913 propuxo un proxecto para unir Zamora e Ourense a través de Puebla de Sanabria por vía férrea. Foi unha das obras de enxeñería máis duras da súa época: o proxecto contaba con máis de 100 túneles, en particular o túnel de Padornelo, de 6 km de lonxitude. Executouse entre 1921 e 1957 cunha vía única, aínda que o deseño admitía vía dobre. En 1931 as obras foron suspendidas, o que provocou unha manifestación e uns acontecementos que levaron á proclamación efémera da República Galega.
Para conmemorar o centenario do proxecto, foi publicado un libro en 2013.
Aeronáutica miniatura|239x239px| Libélula Viblandi. Aínda que a principal obra de Cantero foi a dos encoros, dende 1908 foi patentando outros inventos no ámbito da aeronáutica. O seu principal interese era o problema do voo. É en 1910 cando patentou unha ... idea de manter os corpos no aire e, se o quixese, a propulsión . Á primeira seguíronlle trinta e catro patentes, sendo as últimas dedicadas ao helicóptero que construíu: o Libélula Viblandi. Usando os coñecementos adquiridos durante trinta anos de traballo, Cantero comezou a construír ese helicóptero en 1936, competindo con Igor Sikorsky e con Anton Flettner e Heinrich Fokke por facer voar un helicóptero. A Guerra civil española comezou ese ano, e o helicóptero ficou en Madrid (zona republicana) mentres que Cantero permaneceu en Zamora (zona nacional). En outubro de 1941 o helicóptero estaba listo para as probas. Os resultados daquela proba perdéronse e o proxecto de voo estaba decaendo cando Sigorsky probou o seu helicóptero con éxito en 1938 e 1940.
Fontes As obras de Cantero foron esquecidas durante anos, e recentemente foron redescubertas por Isabel Díaz de Aguilar e Federico Suárez Caballero. As fontes primarias básicas son as patentes que rexistrou e dous libros de Cantero sobre a Libélula.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Federico Suárez Caballero. (2006) Federico Cantero Villamil, Arte&Prensa.
Ligazóns externas
Un catedrático reivindica al pionero español inventor del helicóptero :: PD (en castelán) Un pionero de la aviación Babelia (en castelán)
Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en 1874 Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Helicópteros