La sociedad de la nieve é un filme de 2023 dirixido por Juan Antonio Bayona. Conta a historia do accidente aéreo dos Andes de 1972. É unha adaptación do libro homónimo de Pablo Vierci, o cal documenta os acontecementos que viviron os 16 superviventes do accidente, moitos dos cales Vierci coñecía dende a infancia. O elenco está composto por actores uruguaios e arxentinos, a maioría deles facendo o seu debut no cinema.
O filme pechou a 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia fóra da competición. Estreouse nos cinemas do Uruguai o 13 de decembro de 2023 e nos de España o 15 de decembro de 2023, antes da súa estrea en Netflix o 4 de xaneiro de 2024.
La sociedad de la nieve recibiu a aclamación da crítica, moitos deles considerándoa a mellor obra de Bayona. O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado nesta categoría e na de mellor maquillaxe.
Personaxes
Enzo Vogrincic Roldán como Numa Turcatti Matías Recalt como Roberto Canessa Agustín Pardella como Nando Parrado Tomas Wolf como Gustavo Zerbino Diego Vegezzi como Marcelo Pérez del Castillo Esteban Kukuriczka como Adolfo "Fito" Strauch Francisco Romero como Daniel Fernández Strauch Rafael Federman como Eduardo Strauch Felipe González Otaño como Carlitos Páez Agustín Della Corte como Antonio "Tintín" Vizintín Valentino Alonso como Alfredo "Pancho" Delgado Simón Hempe como José Luis "Coche" Inciarte Fernando Contigiani García como Arturo Nogueira Benjamín Segura como Rafael "el Vasco" Echavarren Rocco Posca como Ramón "Moncho" Sabella Luciano Chatton como Pedro Algorta Agustín Berruti como Bobby François Juan Caruso como Álvaro Mangino Andy Pruss como Roy Harley Santiago Vaca Narvaja como Daniel Maspons Esteban Bigliardi como Javier Methol Paula Baldini como Liliana Methol Federico Aznarez como Enrique Platero Alfonsina Carrocio como Susana Parrado Silvia Giselle Pereyra como Eugenia Parrado Virginia Kaufmann como Esther Nicola Felipe Ramusio como Diego Storm Blas Polidori como Gustavo Nicolich Emanuel Parga como Carlos Roque Iair Said como Julio César Ferradas Louta como Gastón Costemalle Carlos "Carlitos" Páez como o seu pai, Carlos Páez Vilaró Maximiliano de la Cruz como Dante Lagurara
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Uruguai Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Juan Antonio Bayona Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes rodados na Arxentina Categoría:Filmes ambientados en Chile Categoría:Filmes ambientados en 1972 Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes sobre canibalismo