Domingo Serantes Sequeiro, coñecido como Casanova, nado en Doniños (concello de Serantes) cara a 1900, foi un político galego.

Traxectoria Modelista da Construtora Naval. Membro da UGT e militante do PSOE. Concelleiro de Serantes na Segunda República. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e encarcerado na prisión da Escollera. Foi cesado como concelleiro en novembro.El Pueblo Gallego, 17-11-1934, p. 5. Xulgado en Ferrol en consello de guerra na causa 310/34 o 12 de febreiro de 1936,El Correo Gallego, 13-2-1936, p. 1. foi condenado a seis anos de prisión menor. Saíu en liberdade días despois pola amnistía logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. En xullo de 1939 foi un dos participantes na evasión do bou Ramón, co que chegaron a Brest e desde alí foi conducido ao campo de concentración de Barcarés. Viviu en Alemaña de onde foi extraditado en 1945. Xulgado en Ferrol por rebelión militar foi condenado a 12 anos de prisión. Notas

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Serantes Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1900