Los colonos é un filme de 2023 dirixido por Felipe Gálvez Haberle (no seu debut como director), quen escribiu o guión xunto con Antonia Girardi e Mariano Llinás. Está protagonizado por Mark Stanley, Camilo Arancibia, Benjamin Westfall, Alfredo Castro, Mishell Guaña, Sam Spruell, Marcelo Alonso e Adriana Stuven. É unha coprodución entre Chile, a Arxentina, o Reino Unido, Taiwán, Francia, Dinamarca, Suecia e Alemaña.
Los colonos estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes o 17 de maio de 2023. Competiu na categoría Un Certain Regard e Caméra d'Or, e conseguiu o Premio FIPRESCI, converténdose no primeiro filme chileno en conseguilo. Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse En 1893, Segundo, un mestizo chileno, MacLennan, un soldado británico, e Bill, un mercenario estadounidense, emprenden unha expedición a cabalo para delimitar e recuperar as terras que o estado concedeu a José Menéndez. O que parece ser unha expedición administrativa convértese nunha caza violenta contra os selk'nam, os nativos do arquipélago da Terra do Fogo. O xenocidio selk'nam é o núcleo do filme.
Personaxes Camilo Arancibia como Segundo Benjamin Westfall como Bill Mark Stanley como Alexander MacLennan Alfredo Castro como José Menéndez Mishell Guaña como Kiepja Sam Spruell como Coronel Martin Marcelo Alonso como Vicuña Adriana Stuven como Josefina Menéndez Mariano Llinás como Francisco Moreno Agustín Rittano como Capitán Ambrosio Emily Orueta como neta Luis Machín como Monseñor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes rodados en Chile Categoría:Filmes ambientados en Chile