A gramática de interlingua é unha gramática anglorromance simplificada. É unha lingua artificial e as súa gramática é máis sinxela cá gramática inglesa ou a gramática das linguas romances, xermánicas e eslavas.
Artigo O artigo definido é sempre "le", e o artigo indefinido é sempre "un". Non hai concordancia co nome ao que cualifica (non cambia por plural ou por xénero).
artigo definido artigo indefinido le patre (sing.), le patres (pl.) un patre (en galego: "pai"). le infante (sing.), le infantes (pl.) un infante le amica (sing.), le amicas (pl.) un amica (en galego: "amiga").
Substantivo A gran maioría dos substantivos terminan nunha das vocais "-o" (fructo), "-a" (pagina - "páxina"), "-e" (libertate - "liberdade"). "-o" ocorre frecuentemente. Cando a terminación "-o" ocorre nunha palabra que designa un ser masculino, o correspondente feminino pode ser representado pola mesma palabra coa terminación substituída por "-a". O plural fórmase pola adición de "-s". Se o nome ten final en consoante, a adición é "-es".
singular plural fructo (en galego: "froita") fructos tempore (en galego: "tempo") tempores planta plantas generation (en galego: "xeración") generationes
Adxectivos Adxectivo comparativo superlativogrande plus grande le plus grandebon minus bon le minus bon
Verbos Os verbos en interlingua teñen conxugación por pronome persoal obrigatorio. Todas as formas do verbo para todos os pronomes: "io, tu, illo, nos, vos, illos" son idénticas. Os verbos en interlingua terminan con "-r" en infinitivo, e terminan con "-a", "-e", ou "-i" en presente, e o participio fórmase coa terminación "-te".
Pronome Infinitivo Presente Pasado Futuro Condicionalio, tu, illo nos, vos, illos crear crea creava creara creareaio, tu, illo nos, vos, illos(formas compostas) crear crea ha create va crear velle crear
A intención é que o idioma interlingua sexa, esencialmente, o "medio" de todas as linguas de orixe europea.
Pronomes persoais Pronomes persoais – singular Persoa Xénero Nom. Pre. Obl. Refl. Xenitivo Primeira – io me mi, mie Segunda – tu te tu, tue Terceira masc. ille le se su, sue fem. illa la neut. illo lo Pronomes persoais – plural Persoa Xénero Nom. Pre. Obl. Refl. Xenitivo Primeira – nos nostre Segunda – vos vostre Terceira masc. illes les se lor, lore fem. illas las neut. illos los
Pronomes demostrativos Demostrativos Papel Número Xénero Próximo Remoto Adxectivo – – iste ille Pronome Sing. masc. iste (ille) fem. ista (illa) neut. isto (illo) Plur. masc. istes (illes) fem. istas (illas) neut. istos (illos)
Categoría:Interlingua Categoría:Gramáticas