The Siege of Jadotville é un filme irlandés-surafricano de 2016 dirixido por Richie Smyth e escrito por Kevin Brodbin. Baséase no libro de Declan Power, The Siege at Jadotville: The Irish Army's Forgotten Battle (2005), e conta a historia dunha unidade do exército de Irlanda e o seu papel no asedio de Jadotville durante a Operación das Nacións Unidas no Congo en setembro de 1961, como parte da crise do Congo que se produciu dende 1960 a 1965.

Estreouse orixinalmente no Festival de Cinema de Galway, e tivo unha estrea limitada nos cinemas de Irlanda en setembro de 2016. Estreouse internacionalmente a través de Netflix en outubro de 2016.

Personaxes

Jamie Dornan como Patrick Quinlan Emmanuelle Seigner como Madame LaFontagne Jason O'Mara como Jack Prendergast Mikael Persbrandt como Dag Hammarskjöld Mark Strong como Conor Cruise O'Brien Michael McElhatton como Xeneral McEntee Danny Sapani como Moise Tshombe Sam Keeley como Billy (Sniper) Ready Ronan Raftery como John Gorman Mike Noble como Charles Cooley Charlie Kelly como Walter Hegarty Conor MacNeill como operador de radio Fionn O'Shea como William Reidy Guillaume Canet como Rene Faulques Conor Quinlan como Patrick Joyce Jordan Mifsud como John Donnelly

Notas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes de Suráfrica Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes sobre as Nacións Unidas Categoría:Filmes ambientados na República Democrática do Congo Categoría:Filmes ambientados en 1961 Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes de Netflix