Attilio Stazio, nado en Nápoles o 18 de xuño de 1926 e finado na mesma cidade o 7 de marzo de 2010, foi un historiador, arqueólogo e numismático italiano especializado na Magna Grecia.

Traxectoria Attilio Stazio, nado en Nápoles o 18 de xuño de 1923, cursou o seu ensino superior na Universidade de Nápoles, onde en 1943 se licenciou en Estudos Clásicos."Attilio Stazio". ClaudioGrenziEditore.it Alí tivo como profesora a Laura Breglia, con quen se formou en numismática da antiga Grecia e da Antiga Roma.

Logo ingresou na Superintendencia de Antigüidades de Campania, onde en 1952 chegou a ser o director da súa colección numismática. De aí pasou á dirección do Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles. Ocupou tamén o cargo de superintendente de Antigüidades de Puglia e Matera.Lippo, A. (2010). "Scomparso Attilio Stazio". En Positano News. 11 de marzo de 2010.

No ámbito académico, a partir de 1960 comezou a impartir conferencias sobre Numismática Grega e Romana de xeito independente. Posteriormente exerceu a docencia destas materias nas Universidades de Bari, Catania, Lecce e finalmente Nápoles.

No seu país, pertenceu ao Instituto Italiano de Prehistoria e Protohistoria, e foi membro tamén da Academia de Arqueoloxía, Letras e Belas Artes de Nápoles. Foi primeiro secretario e logo presidente do Instituto de Historia e Arqueoloxía da Magna Grecia (ISAMG), e entre 1961 e 2009 encargouse da organización das Xornadas de Estudos sobre a Magna Grecia, celebradas anualmente en Tarento. A biblioteca do ISAMG foi denominada "Biblioteca Attilio Stazio", na honra so seu expresidente."Biblioteca 'Attilio Stazio'". Istituto per la Storia e l'Archeologia della Magna Grecia (ISAMG).

Stazio foi tamén membro da xunta directiva da Sociedade Magna Grecia"Comitato directivo della società". En Atti e memorie della Società Magna Grecia (2008-2010). Società Magna Grecia, Roma (2010). e da Sociedade Napolitana de Historia Patria."Consiglio direttivo". Società Napoletana di Storia Patria (SNSP).

No ámbito numismático, en 1954 ingresou no Circolo numismatico pugliese; logo foi director do Centro Internacional de Estudos Numismáticos, de Nápoles, e presidente do Instituto Italiano de Numismática (desde 1991),"Istituto Italiano di Numismatica". En Anuario. Nº 49. Unione Internazionale degli Istituti di Archeologia, Storia e Storia dell'Arte in Roma. Roma. 2007. Páxina 327. de Roma, e do Círculo Numismático Napolitano.

Entre outras sociedades e entidades asociativas estranxeiras, Stazio foi membro do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Sociedade Numismática Romanesa, da American Numismatic Society de Nova York, e da Royal Numismatic Society de Londres.

Attilio Stazio finou o 7 de marzo de 2010 en Nápoles, na súa residencia de Via Posillipo, aos 86 anos.

Honras e recoñecementos

1995: Premio internacional Colonie Magna Grecia "Arialdo Tarsitano", de Rotary International.La Greca, F. (2007). "Premio internazionale Magna Grecia". En Bollettino Speciale. Rotary Club Putignano. Páxina 8. 2006: Medalla de Ouro ao Mérito na Cultura e a Arte, do Ministerio de Cultura italiano."Medaglia d'Oro ai Benemeriti della Cultura e dell'Arte". Presidenza della Repubblica (Quirinale.it). 2008: Cidadán Honorario de Tarento. 2009: Premio Maestri di numismatica, do Circolo numismatico pugliese.

Publicacións Esta é unha escolma das publicacións sobre numismática realizadas por Attilio Stazio ao longo da súa traxectoria:"Stazio, Attilio (1923-2010)". Persee.fr"Stazio, Attilio". WorldCat.org

Escolma de artigos (1976). "I rapporti tra le due sponde adriatiche attraverso la documentazione numismatica". En Iliria. IV. Páxinas 317-318. (1983). "Monetazione greca e indigena nella Magna Grecia". En Modes de contacts et processus de transformation dans les sociétés anciennes. École Française de Rome. Páxinas 963-978. (1987). "Carosino", En Bibliografia topografica della colonizzazione greca in Italia e nelle Isole Tirreniche. V. Páxinas 15-16. (1995). "Monetazione dei Greci d'Occidente". En Colloque Les Grecs et l'Occident. Actes. Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, Roma. Páxinas 141-150. (1999). "Modelli di gestione del territorio delle poleis italiote e siceliote nella documentazione numismatica". En La colonisation grecque en Méditerranée occidentale. École Française de Rome. Páxinas 411-418.

Compilacións

(2011). Scritti di numismatica (ed.: A. Siciliano). C. Grenzi Ed., Foggia. ISBN 978-88-8431-451-2

Monografías

(1957). Ripostigli di vittoriati nel Museo nazionale di Napoli. Istituto Italiano di Numismatica, Roma. (1988). Magna Grecia (con G. Vallet). IASM / Edizioni del Sole, Nápoles. (1988). Via Appia. IASM / Edizioni del Sole, Nápoles. (1990). Magna Grecia Epiro e Macedonia (ed., con M. L. Napolitano). ISAMG. ISBN 978-8898066223

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Instituto Italiano de Numismática

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Arqueólogos de Italia Categoría:Alumnos da Universidade de Nápoles Categoría:Profesores da Universidade de Nápoles Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes